domingo, 28 de enero de 2018

CONCURSO DE CARTEIS "SEMANA DA CIENCIA"


Convoca o concello de Cangas en colaboración cos centros participantes. O noso centro é un deles.

BASES DO CONCURSO DE CARTEIS

SEMANA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA” - CANGAS 2018

1.- BASES E OBXECTO.- A Edición do Concurso de Carteis, con motivo da Semana da Ciencia e Tecnoloxía do Concello de Cangas, ten como obxectivo visibilizar o valor da Ciencia e o conxunto de actividades que se van a realizar no mes de Abril de 2018. Ten que ver coa posta en valor de concienciación e proxección dos traballos de Tecnoloxía e Ciencia. Seleccionarase o cartel que mellor transmita a idea da Semana de Ciencia e Tecnoloxía - Cangas 2018.

2.- PARTICIPACIÓN.- Poderá participar o alumnado dos distintos centros educativos do Concello de Cangas, matriculados no curso 2017/2018. Establécense dúas categorías:
Categoría a) E. Primaria (3º - 6º cursos) 
Categoría b) ESO- Bacharelato
3.- REQUISITOS DOS CARTEIS
-  A técnica de representación é libre. - O tamaño poderá ser en A3 ou A4.
-  Na Categoría b) deberán incluír obrigatoriamente a seguinte lenda ou texto: "Semana da Ciencia e Tecnoloxía – Cangas - 9-13 abril 2018".
-  Levarán necesariamente un Lema ou Título, anotado na parte posterior da obra, lema que identificará o cartel durante as distintas fases do Concurso.
-  Cada participante ou equipo poderá concursar cun máximo de 1 obra.
No cartel tamén deberá incluírse, con posterioridade, o logotipo do Concello de Cangas.

4.- INSCRICIÓN.-
Lugar de entrega.- Os carteis se presentarán no colexio persoalmente á profesora Mila.
Forma de presentación.- Os carteis levarán escrito por detrás unicamente o lema ou título identificativo do mesmo. En ningunha parte do cartel figurará ningún elemento que poida identificar o nome do autor.

5.- PRAZO DE PRESENTACIÓN.- Do 1 o 19 de febreiro de 2018.

6.- COMPOSICIÓN DO XURADO.- A Comisión Avaliadora estará composta por tres Profesores/as (Bacharelato Artes, Plástica e Tecnoloxía) e dous/dúas alumnos/as (Secundaria (Artes) e Primaria) dos colexios participantes, actuando de secretario/a, sen voto, o/a representante da Concellaría de Ensino.

7.- PREMIOS.- O xuízo da Comisión Avaliadora será inapelable. Farase público quince días máis tarde do remate do prazo. Puntuarase entre 1 a 4 puntos cada un dos seguintes apartados: Calidade artística (manual/dixital) - Técnica - Impacto publicitario - Orixinalidade.

Establécense dous premios por categorías:
Primeiro premio: Bono de 150 euros (Material Educativo)
Segundo premio: Bono de 50 euros (Material Educativo)

8.- CESIÓN DE DEREITOS. Os/as alumnos/as e Equipos participantes das obras premiadas, afirman que as mesmas son orixinais e da súa propiedade e ceden os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública da súa obra para o fin nomeado. As obras premiadas quedarán en propiedade do Concello de Cangas.


DEPARTAMENTO DE CIENCIAS. Xaneiro 2018.