O venres pola mañá estivemos recollendo lixo na praia de Rodeira por equipos. Facendo un rexistro dos materiais recollidos. Aínda que de lonxe, parecía que a praia estaba limpa, quedámonos sorprendidos da cantidade de lixo atopada, non fomos quen de recoller todo o que había,ao longo da mañá.
Hoxe elaboramos coa información recollida uns gráficos na folla de cálculo de Google, onde se aprecia claramente que o residuo máis recollido é o plástico. O sitio de localización está lonxe do mar principalmente, preto de onde circulan as persoas polo paseo.
A conclusión está clara, as persoas son as principais culpables de todo o lixo que se atopa tirado nas praias. Preto do mar hai menos porque ao subir e baixar a auga arrastra e leva o lixo a outro lugar, co perigo que supón para os animais que viven no mar.