domingo, 11 de mayo de 2025

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS : AS CANTAREIRAS


Este ano o Día das Letras Galegas homenaxea unha das formas mais auténticas de expresión da nosa cultura: as cantareiras. 

Mulleres que, a través da súa voz transmitieron durante séculos historias, 
sentimentos, tradición e saber popular. 

A súa música acompaña as festas populares e romarías falando do amor,
da terra, da dor, da alegría e da vida cotiá. 

O longo desta semana achegarémonos a esta tradición que segue viva 
cantando, escoitando e traballando coas coplas que se conservan
grazas a súa voz. 


Feliz día das Letras Galegas