Este Xoves 7 de Abril saímos ao museo de Massó, para realizar unha visita temática sobre: "As mulleres e o traballo do mar na Terra". Alí aprenderon como estaba pouco valorado o traballo que realizaban as mulleres con respectos aos homes, incluso cando facían o mesmo traballo.
Tamén realizaron un taller "O que o mar non quere", para valorar a importancia de non tirar lixo e reciclar. Sendo conscientes da cantidade de anos que tardan en degradarse a maioría do lixo que se atopa nas praias, danando así ao medio ambiente.