martes, 25 de febrero de 2025

SEMANA DO ENTROIDO


Esta semana celebraremos xuntos a festa do entroido. A ratiños que imos tendo xa estamos a poñer a punto os nosos disfraces. Será unha semana moi divertida na que por suposto haberá tamén moitas aprendizaxes.

Feliz entroido

 

Celebración do Día de Rosalía


A semana pasada nosa clase encheuse de flores e bonitos versos para homenaxear a Rosalía quen din que tiña no seu bico un cantar.
 

martes, 18 de febrero de 2025

A Rosalía: "NO BICO UN CANTAR"


 


Dicía Curros Enríquez que Rosalía de Castro levaba "no bico un cantar"

(un cantar nos beizos).

Será verdade?

domingo, 16 de febrero de 2025

23 de Febreiro: O DÍA DE ROSALÍA


O vindeiro domingo 23 de Febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. Escritora innovadora, adiantada ao seu tempo que empregou o galego na literatura cando ninguén o facía. 

O seu amor por Galicia e o seu espírito de denuncia convértena no símbolo galego por excelencia.

Durante esta semana coñeceremos máis curiosidades sobre a súa vida, obra e incrible legadoEstades listos?


lunes, 10 de febrero de 2025

Todas facemos ciencia: ISABEL ZENDAL


 

Aquí vai a nosa pequena achega nun día tan especial. Dar a coñecer unha muller que marcou un antes e un despois no mundo da ciencia fainos ver que todas e todos podemos ser o que queiramos, só temos que loitar polo que realmente queremos. Feliz día da muller e a nena na ciencia.

domingo, 9 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 Esta semana celebraremos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (Martes 11 de Febreiro).

O obxectivo principal desta conmemoración non é outro que o de visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEAM (Science, Technology, Engineering and Mathematics)

Desta forma desde as aulas contribuímos a crear referentes femininos para que, chegado o momento, as nosas nenas poidan tamén escoller o seu futuro profesional ao redor da ciencia.

viernes, 7 de febrero de 2025

NUESTRA SUERTE: Día del Bollito Solidario.



DÍA DEL BOLLITO SOLIDARIO


Con este bonito gesto solidario colaboramos con "Manos Unidas"

 Aprendimos el valor de la SOLIDARIDAD.

También que "COMPARTIR ES NUESTRA MAYOR RIQUEZA" 

 y por supuesto la suerte que tienen ellas/os  al poderse compartir.