O vindeiro domingo 23 de Febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. Escritora innovadora, adiantada ao seu tempo que empregou o galego na literatura cando ninguén o facía.
O seu amor por Galicia e o seu espírito de denuncia convértena no símbolo galego por excelencia.
Durante esta semana coñeceremos máis curiosidades sobre a súa vida, obra e incrible legado. Estades listos?