Esta semana celebraremos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (Martes 11 de Febreiro).
O obxectivo principal desta conmemoración non é outro que o de visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEAM (Science, Technology, Engineering and Mathematics)
Desta forma desde as aulas contribuímos a crear referentes femininos para que, chegado o momento, as nosas nenas poidan tamén escoller o seu futuro profesional ao redor da ciencia.